Ir o contido principal

Servizos

Servizos

Libraría

A libraría está especializada en arte contemporánea, arquitectura, deseño e fotografía, e procura facilitar a achega a publicacións non habituais noutras librarías.

Auditorio

Con capacidade para 250 persoas. Espazo destinado a conferencias, seminarios, ciclos de vídeo e cinema, así como outras actividades relacionadas co funcionamento do centro.

Biblioteca

De acceso libre e gratuíto, a biblioteca está especializada en arte e cultura contemporánea. Este servizo está dirixido a investigadores, estudantes e ao público en xeral, á vez que serve de apoio ás exposicións e actividades realizadas no centro.

O fondo documental está formado por máis de 25.000 títulos entre catálogos, monografías de artistas, libros de historia e teoría da arte, catálogos de feiras, revistas especializadas nacionais e internacionais, material audiovisual e folletos, así como programas de actividades de distintos museos, convocatorias de premios e concursos.

Consulte o catálogo da biblioteca

Reproducións fotográficas

O CGAC dispón dun arquivo de imaxes das obras pertencentes aos fondos das coleccións depositadas no centro. Para solicitar fotografías deste arquivo co fin de reproducilas ou publicalas en calquera soporte é preciso facer una solicitude previa, dispoñible na web do centro.

Outros servizos

  • Gardarroupa
  • Conexión wifi na biblioteca e na cafetería
  • Folletos informativos en idiomas
http://cgac.xunta.gal

Rúa Valle Inclán, 2
15703, Santiago de Compostela

Tlf. 981546619
Fax 981546625

cgac@xunta.gal

Horario

Martes a domingo: de 11 a 20 h.,
luns pechado