Museos de Galicia

Centro Etnográfico de Terra de Montes (Cetmo)

O museo

No Cetmo exponse unha colección de pezas da cultura agraria tradicional da Terra de Montes entre finais do século XIX e a década de 1970 que pretende amosar todo o entramado do mundo rural presente nesta comarca para ir introducindo ao visitante nos elementos distintivos da etnografía, a gandería, a agricultura e os oficios propios deste territorio. O edificio no que se atopa o CETMO é unha antiga vivenda que constitúe un interesante exemplo da arquitectura tradicional da Terra de Montes. Ten dúas plantas, a superior conta cunha estancia utilizada como recepción-biblioteca e catro salas expositivas. A planta inferior ten unha única estancia dedicada a sala expositiva e, no exterior, un pequeno patio de acceso á planta superior. O fío condutor da exposición é a vida cotiá da Galicia agraria tradicional na Terra de Montes. Estes contidos desenvólvense en diferentes ámbitos como a vivenda tradicional, especialmente os espazos do dormitorio e a cociña; a alimentación; os traballos do campo; os oficios tradicionalmente femininos vinculados á casa como o tecido; o mundo dos/as nenos/as, tanto no espazo familiar como no da escola; o fenómeno da emigración e os oficios tradicionalmente masculinos vinculados á madeira, a pedra, o ferro e a cera.

Galería

  • Aparato de radio

    Aparato de radio

  • Esmoleiro múltiple

    Esmoleiro múltiple

  • Muíño de café a man

    Muíño de café a man