29 de febreiro - 11:00h Xogo de pistas 'Prehistorix'

Actividade enfocada ao público familiar para os sábados e domingos de febreiro e marzo de 2020

O sábado 1 de febreiro inaugúrase no Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre (PAAR) Campo Lameiro a actividade “PREHISTORIX. Convértete en expertx en petróglifos”, enfocada ao público familiar e que se desenvolverá os sábados e domingos de febreiro e marzo de 2020. 

Os asistentes achegarnase ao mundo da arte rupestre e da prehistoria mediante a participación nun xogo de pistas que require dunha pequena preparación. Polo tanto, a idea de PREHISTORIX consiste en realizar dúas actividades previas (visitas ao museo e taller arqueolóxico adaptado as idades dos nenos e neas) ao desenvolvemento posterior dun xogo de pistas pola Área Arqueolóxica.

Aquelas familias que realicen satisfactoriamente esta actividade recibirán o carné de expertx en petróglifos. Esta actividade ten un prezo de 5 euros por persoa e require de reserva coa no correo reservas@paar.es ou no teléfono 886 151 195. Comeza ás 11:00 horas e ten un tempo estimado de duración de dúas horas e media.

É obrigado facer esta actividade en grupo e seguindo os camiños principais do PAAR para garantir a seguridade dos participantes.

Lugar de celebración

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro (Campo Lameiro)