Museos de Galicia

Do 1 de abril ao 30 de decembro do 2017 - 10:00h Visitas guiadas no Museo Liste de Vigo

Este museo etnográfico ofrece no segundo semestre do ano a posibilidade de solicitar a visita guiada, tanto individual como en grupo

Visitas guiadas todo o ano no Museo Liste de Vigo

Este museo etnográfico, que recolle o legado de Olimpio Liste Regueiro no eido da etnografía, ofrece unha visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego. Conta con nove salas de exposición permanente, distribuídas en tres plantas, nas que descubrir anacos da nosa historia: arte tecido, o escultor da madeira, a cultura do centeo, a simboloxía dos oficios artesáns, a materialidade da fe ou a arte de curar…

A rotulación dos contidos permite a realización de percorridos autónomos, pero dende o Museo ofrecen visitas guiadas para grupos, previa solicitude. Tamén para o público en xeral, os percorridos guiados realizaranse os sábados ás 11:30 h.

Así mesmo, o Museo Liste de Vigo ven de facer pública a súa programación para o segundo semestre do ano, que ademais das visitas guiadas, ofrece unha gran variedade de actividades que abranguen exposicións, actividades cíclicas educativas, obradoiros de aprendizaxe...

Pódese obter información máis detallada en http://www.museoliste.org/index.php?pag=galego-actividades

Lugar de celebración

Museo Liste Vigo (Vigo)

Galería

  • Visitas guiadas todo o ano no Museo Liste de Vigo

    Visitas guiadas todo o ano no Museo Liste de Vigo