Do 1 de outubro do 2017 ao 31 de xullo do 2018 - 00:00h Visitas guiadas no CGAC

Itinerarios na fin de semana para coñecer o centro

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

O CGAC ten un programa de visitas guiadas durante a fin de semana ao longo do ano.

Todos os sábados, desde outubro de 2017 ata xullo de 2018, o público poderá́ achegarse ao Centro Galego de Arte Contemporánea para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

Todos os sábados e domingos, ás 12 horas.

Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa.

 

Lugar de celebración

Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)