Do 17 de outubro do 2017 ao 21 de xuño do 2018 - 10:00h Visitas e actividades educativas

Apertura do prazo de inscrición para o curso 2017-2018

Museo de Belas Artes da Coruña

Coma en anos anteriores, o Museo de Belas Artes centra moita da súa actividade didáctica nos máis novos, para o achegamento dos rapaces e rapazas ao mundo dos museos.

As visitas guiadas consisten nun percorrido didáctico polas salas do museo adaptado aos diferentes niveis educativos. Para o alumnado de infantil e primaria, e algúns percorridos de secundaria, a actividade inclúe a realización dun obradoiro. As visitas serán guiadas por un educador propio do museo, que favorecerá o achegamento do alumnado ás diferentes formas artísticas de xeito dinámico e lúdico, fomentando a participación e estimulando a súa creatividade. O profesor acompañante do grupo deberá estar presente en todo momento durante a realización da actividade.

O profesorado pode solicitar o envío de información específica sobre as actividades que realizarán os escolares dun determinado nivel. Tamén existe a posibilidade de que o profesorado desenvolva e guíe unha actividade propia, previa confirmación do Museo. Sempre que se informe con certo marxe de tempo, o Museo poderá flexibilizar na medida do posible as súas propostas didácticas para tratar temas que se estean a desenvolver na aula no momento da visita.

A visita é gratuíta. O museo ten reservado un espazo para a parada do transporte escolar.

Calendario e horarios: a partir do 17 de outubro de 2017 e ata o 21 de xuño de 2018. De martes a venres ás 10:00 e ás 11:30 h. A duración das propostas educativas será de 1 hora e 30 minutos aproximadamente. 

Os centros educativos que teñan dificultades para asistir ao museo neste horario (por motivos de procedencia xeográfica ou de organización do propio centro), poden poñerse en contacto co Museo e solicitar unha visita nun horario diferente ao establecido. 

Destinatarios: escolares desde Educación Infantil (2 anos) a Bacharelato, formando grupos de 60 persoas máximo (o museo conta con dous educadores).

A solicitude e reserva de visita poderá facerse no teléfono 881 881 700  (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h) ou no correo electrónico do Museo mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

Tamén se pode reservar a través do programa educativo do concello da Coruña premendo neste enderezo

 

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)

Galería

  • Visitas para escolares no Museo de Belas Artes

    Visitas para escolares no Museo de Belas Artes