16 de novembro - 16:30h Serigrafía de pequeno formato

Actividade para o coñecemento das técnicas do gravado serigráfico

Museo de Belas Artes da Coruña

Coma todos os anos, no Museo organízanse obradoiros sobre as técnicas do gravado. Nesta ocasión, o obradoiro será impartido cada venres do mes de novembro polo pintor e gravador Héctor Francesch, en horario de 16:30 a 20:00 h., e desenvolveranse os seguintes contidos dentro da técnica da serigrafía: a pantalla, procedementos do método directo e indirecto, o fotolito, emulsión, insolación, revelado e recuperación de pantalla, tintas, estampado, tiraxe e edición.

A actividade é organizada coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.

Prazas limitadas con inscrición previa e matrícula (prezo da inscrición: 40 €; prezo para os Amigos do Museo: 30 €). A reserva de praza pode realizarse dende a web do Museo, no enderezo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)