Museos de Galicia

26 de outubro - 10:00h Samaín: entre dous mundos

Celebración da transición do verán ao inverno

O Museo Liste de Vigo conmemora, coma ven sendo habitual, as datas sinaladas no calendario galego como é neste caso a celebración do Samaín. Este ano o Museo afondará nesta festa de tránsito da tradición celta. Por unha banda, cunha parte teórica sobre a orixe e características do Samaín, e unha parte práctica coa maquillaxe dos participantes, un obradoiro de confección de doceiro e un xogo de busca, na que enxeño e habilidades permitirán acadar o obxectivo de xunguir personaxes do mundo real e do imaxinario.

Dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Inscrición previa, máximo 50 participantes. Prezo: 1 euro por participante.

O obradoiro levarase a cabo do 24 ao 27 e o 31 de outubro.

Lugar de celebración

Museo Liste Vigo (Vigo)