17 de novembro - 11:30h Redescubrindo a Ícaro

Obradoiro de outono para coñecer diversas técnicas de debuxo

Museo de Belas Artes da Coruña

Coma todos os anos, no Museo organízanse obradoiros sobre debuxo. Nesta ocasión, o obradoiro será impartido cada sábado do mes de novembro por Xurxo Gómez-Chao, en horario de 11:30 a 13:30 h. Neste caso, partindo dunha análise detida da obra de Jacob Peter Gowy, A caída de Ícaro (os seus trazos, pinceladas, o tratamento da cor, etc.), irase introducindo no coñecemento das distintas técnicas do debuxo para despois poder facer novas interpretacións da mesma.

Prazas limitadas con inscrición previa e matrícula (prezo da inscrición: 30 €; prezo para os Amigos do Museo: 25 €). A reserva de praza pode realizarse dende a web do Museo, no enderezo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)