20 de novembro - 11:30h Os temas da arte. O camiño cara á modernidade. Tradición e vangarda

Unha reflexión sobre a evolución plástica dende o século XIX ata chegar á renovación da estética contemporánea

Museo de Belas Artes da Coruña

O curso, de carácter anual, pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque unha formación básica sobre a Historia da Arte.

Nesta ocasión, os martes de cada mes entre o 30 de outubro e o 18 de decembro, farase un percorrido analítico, estilístico e temático, mostrando a evolución da plástica desde o século XIX ao XX, e coa análise dos elementos técnicos da pintura. Abarcará desde o Realismo pictórico e a repercusión dos Rexionalismos, ata a renovación artística que chega co cambio de século, buscando unha nova modernidade na arte e desembocando nunha estética renovada e contemporánea.

Monitoras: Ana Ulloa e Sonsoles Ortiz de Urbino

O curso conta coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo e coa da Deputación da Coruña.

Prazas limitadas con inscrición previa. Matrícula: 15 € (Amigos do Museo: 12 €). A reserva de praza pode realizarse dende a web do Museo, no enderezo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)