Museos de Galicia

Do 10 de outubro ao 21 de novembro do 2017 - 18:30h Os temas da arte. Introdución á historia da moda a través da pintura

A evolución da vestimenta a través das manifestacións artísticas de diferentes períodos

Museo de Belas Artes da Coruña

z, 1607.

O curso, de carácter anual, pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque unha formación básica sobre a Historia da Arte a través de aspectos orixinais ou menos coñecidos. Nesta ocasión, o curso formulará e realizará un percorrido e unha análise sobre diversos aspectos da historia da moda occidental dende a Antigüidade Clásica ata o mundo Contemporáneo.

Os alumnos adquirirán coñecementos básicos sobre a historia da moda que lles permitirán enfrontarse ás distintas manifestacións artísticas dende o punto de vista da vestimenta; así mesmo mellorará a súa concepción da evolución das formas, tecidos e a industria téxtil ao longo da historia e a súa importancia como elemento diferenciador das diferentes clases sociais.

O curso rematará cunha visita guiada á colección permanente do museo.

Esta actividade está organizada pola Asociación Amigos do Museo e coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 15 € (Amigos do Museo: 10 €). Inscrición: mu.belas.artes.difusion@xunta.es ou no teléfono: 881 881 700

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)