2 de maio - 18:30h Os temas da arte. A arte e a historia da moda no século XX

Unha reflexión sobre o papel que tivo a arte no deseño e a concepción da moda en diferentes períodos do século pasado

Museo de Belas Artes da Coruña

O curso, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes para achegarse á Historia da Arte.

Nesta ocasión, os mércores de cada mes entre o 11 de abril e o 9 de maio, percorreranse os distintos aspectos do mundo artístico que influíron no deseño e a concepción da moda, dende as influencias orientalistas do vestiario do ballet Scheherezade, estreado por primeira vez en 1910 na Ópera de París, pasando polas consecuencias das dúas Guerras Mundiais no campo do vestiario, ata as colaboracións de distintos grafiteros con grandes casas de moda dende os anos 80.

O curso contará cun total de cinco sesións (dunha hora de duración), durante as que se abarcarán os seguintes aspectos:

11 de abril: A influencia dos ballets rusos na moda do século XX

18 de abril: Deseñadores e surrealismo, as colaboracións artísticas dos anos 20 e 30.

25 de abril: O bikini, o new look e o glamour de Hollywood.

2 de maio: A revolución da minisaia.

9 de maio: A arte urbana e a moda, últimas tendencias.

Profesora: Mónica Rey Cabezudo

O curso conta coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo e coa da Deputación da Coruña.

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 15 € (Amigos do Museo: 10 €)

RESERVA DE PRAZA:

. Desde a páxina web

. Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)

Galería

  • Curso de arte “A arte e a historia da moda no século XX” no Museo de Belas Artes de Coruña. Fragmento de Juventud (1948), de Julia Minguillón (depósito do Círculo de Bellas Artes de Madrid). Museo de BBAA da Coruña

    Curso de arte “A arte e a historia da moda no século XX” no Museo de Belas Artes de Coruña. Fragmento de Juventud (1948), de Julia Minguillón (depósito do Círculo de Bellas Artes de Madrid). Museo de BBAA da Coruña