23 de novembro - 20:00h Os libros como punto de partida

Ciclo de conferencias no que os libros son os protagonistas

Museo de Belas Artes da Coruña

Unha selección de publicacións especializadas servirán como punto de partida para que os seus autores poidan expoñer, analizar e debater co público sobre diferentes aspectos relacionados coa historia e a socioloxía da arte, a arquitectura e o deseño, a literatura, a ciencia e tantas outras manifestacións vinculadas ao ámbito do pensamento, a arte ou a cultura.

As conferencias serán os xoves de novembro e principios de decembro, cos seguintes temas e conferenciantes:

- 16 de novembro: “Bibliotecas e bibliotecarios: da esperanza republicana á depuración franquista”, con Francisco Javier Redondo Abal

-  23 de novembro: “Arquitectas pioneras en Galicia”, con María Carreiro Otero e Cándido López González

-  30 de novembro: “As sinsombrero”, con Tània Balló

- 14 de decembro: “Sabias. La otra cara de la ciencia”, con Adela Muñoz Páez

Este ciclo está organizado pola Asociación de Amigos do Museo e a Deputación da Coruña.

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)

Galería

  • Os libros como tema central dun ciclo de conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña

    Os libros como tema central dun ciclo de conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña