21 de decembro - 12:00h Obradoiro infantil: Monicreques con refugallo

O Museo das Peregrinacións e de Santiago remata coa segunda edición de Museo en familia cun obradoiro infantil.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS puxo en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a quenda dos monicreques: Goza transformando o ordinario en algo extraordinario! Neste obradoiro reempregaranse tubos de cartón, teas, las, rafias, restos de alfombras e unha gran variedade de materiais téxtiles. Anímate a aventura de descubrir os teus talentos artísticos utilizando material de refugallo!!
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881 867 401]

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)