26 de outubro - 12:00h Obradoiro infantil: Ñam!, obradoiro con froitas e verduras

O Museo das Peregrinacións e de Santiago continúa coa segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, neste caso cun obradoiro infantil

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención ao público infantil e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a quenda dun obradoiro para descubrir o artista que levan dentro os máis cativos e cativas. Neste obradoiro empregarán unha gran variedade de alimentos: hortalizas, froitas, froitos secos, macarróns… cos que ilustrarán os personaxes que broten da súa imaxinación.
Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881 867 401

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)