19 de xuño - 10:00h Obradoiro de cerámica á man

Patrimonio arqueolóxico

Museo do Castro de Viladonga

Este obradoiro de cerámica á man é una actividade coa que se pretende dar a coñecer aos alumnos de primaria e secundaria o proceso de fabricación de obxectos de barro atopados na escavación do Castro de Viladonga. Dirixidos por persoal do museo, elaboran con rulos de barro pezas que posteriormente decoran.

Inscrición previa chamando ao teléfono 982870160 ou en reservas na web: https://viladonga.xunta.gal

Lugar de celebración

Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)