19 de xuño - 10:00h Obradoiro arqueolóxico

Patrimonio arqueolóxico

Museo do Castro de Viladonga

Trátase dunha actividade na que se describen os rudimentos da actividade arqueolóxica, sen esquecer as explicacións e o traballo sobre as peculiaridades e os achados do Castro de Viladonga.

A finalidade desta actividade é acercar o traballo arqueolóxico aos alumnos e facer comprender a importancia da arqueoloxía como ciencia fundamental para o estudo e valoración do patrimonio cultural e por tanto da nosa historia.

Inscrición previa chamando ao teléfono 982870160 ou en reservas na web: https://viladonga.xunta.gal

Lugar de celebración

Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)