Museos de Galicia

Do 26 de xullo ao 28 de xullo do 2017 - 11:00h O poder do erro (diante e detrás da cámara)

Obradoiro de videocreación

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirixe: Alejandra Pombo, artista
Do 26 ao 28 de xullo
Horario: de 11:00 a 13:00 h
Idade: De 10 a 12 anos
Prazas: 15
Neste taller dirixido pola artista Alejandra Pombo realizarase unha película na que haberá directores que non dirixan e actores que non actúen.
Entenderaseo erro non como unha falta senón como unha oportunidade para poder ir máis aló do imaxinado. Para tal fin, crearase unha situación de rodaxe na que os participantes interactuarán co espazo público percorrendo diferentes recantos do museo.

Procurararase e potenciarase o encontro co erro, co accidental e co inesperado. Farase da serendipia un método de traballo e servirase das limitacións como motor de arranque para a creación dunha peza de vídeo conxunta.

Lugar de celebración

Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)