Do 19 de decembro ao 22 de decembro do 2017 - 10:00h O Nadal: Os Santos Inocentes

Celebración do Nadal tratando un tema orixinal: os Inocentes

O Museo Liste de Vigo conmemora, coma ven sendo habitual, as datas sinaladas no calendario galego como é neste caso a celebración do Nadal. Este ano o Museo analizará unha celebración distinta, “Os Santos Inocentes”, cal é a súa orixe e como derivou no que hoxe coñecemos. Contará cunha parte teórica de introdución a esta celebración, e unha parte práctica cun obradoiro de confección de monicreques.

Ademais os participantes poderán levar as súas figuras para o nacemento do Museo, deberán estar feitas por eles cos materiais que desexen.

Dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Inscrición previa, máximo 50 participantes. Prezo: 1 euro por participante.

Lugar de celebración

Museo Liste Vigo (Vigo)