Do 13 de decembro ao 15 de decembro do 2019 - 16:00h O Gravado V33

Curso de gravado en dúas sesións ofertado polo Museo do Gravado de Artes (Ribeira)

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai realizar o curso: O GRAVADO V33, que está dirixido por José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca). Os cursos realizaranse en dúas sesións, de 12 alumnos/as por cada sesión.

O V33 é un sistema de gravado ideado polo catedrático José Fuentes, que impartirá este curso, sistema no que a materia para as matrices é o carburo de silicio o carborundo. O máis destacado deste novo proceso é a redución dos tempos de estampación, a posibilidade de incorporar un gran abano de recursos gráficos e que se trata dun proceso non contaminante, polo que permite traballar en espazos pechados. Tamén destaca deste método que a imaxe créase en positivo.

A primeira sesión realizarase os días 13, 14 e 15 de decembro de 2019 e a segunda sesión os días, 24, 25 e 26 de xaneiro de 2020 no seguinte horario:

PRIMEIRA SESIÓN:
Venres, 13 de decembro 2019: de 16.00 a 20.00 h
Sábado, 14 de decembro 2019: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Domingo, 15 de decembro de 2019: de 10.00 a 14.00 h
SEGUNDA SESIÓN:
Venres, 24 de xaneiro 2020: de 16.00 a 20.00 h
Sábado, 25 de xaneiro 2020: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Domingo, 26 de xaneiro de 2020: de 10.00 a 14.00 h
Profesores que impartirán o curso: José Fuentes Esteve e Antonio Navarro

Lugar: Obradoiro de Gravado da Fundación Museo de Artes del Gravado
[Lugar de Outeiro, s/n - 15969 - Artes (Ribeira - A CORUÑA) - Tlf.: 981871342 – enderezo electrónico: fundartes@gmail.com]

Os alumnos que queiran incorporarse a este curso de 16 horas de clases, deberán aboar 60 euros. Os interesados en sumarse teñen que reservar praza en fundartes@gmail.com

FICHA DE INSCRICIÓN:

APELIDOS:
NOME:
DNI:
ENDEREZO:

C.P.:
TELÉFONO:
E-MAIL:
A inscrición debe realizarse aboando o importe no número de conta da Fundación Museo de Artes do Gravado antes do inicio do curso: IBAN ES61 2080 0341 1330 4004 0050

Máis información no teléfono 981 871 342

Lugar de celebración

Colección Visitable Fundación Museo de Artes (Ribeira)

Galería

  • Fotografía sobre o curso de gravado de José Fuentes en Ribeira, tomada da Voz de Galicia

    Fotografía sobre o curso de gravado de José Fuentes en Ribeira, tomada da Voz de Galicia