22 de decembro - 11:30h O Camiño: instrumentos con materiais de refugallo

Novas actividades no Museo para realizar dentro do programa xeral “Museo en familia” para os sábados de outubro, novembro e decembro

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar.
No caso dos obradoiros infantís búscase potenciar a imaxinación e a creación dos máis pequenos, producindo manualmente e con materiais accesíbeis, obxectos vinculados ao Camiño.
Este sábado é a quenda dunha actividade na que se tentará reproducir algúns dos instrumentos que aparecen no Pórtico da Gloria, tales como arpas, cítaras, etc. Os materiais a empregar serán “briks”, pratos de plástico, xornais atrasados, témperas, pinceis, gomas elásticas, pegamento, cola, tesoiras, papeis de cores e cinta adhesiva.

É necesaria a inscrición previa na recepción do Museo ou chamando ao 881 867 401.

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)