17 de novembro - 18:30h O camiño cara á modernidade. Tradición e vangarda

Visitas guiadas temáticas, complementando o curso de arte do mesmo nome

Museo de Belas Artes da Coruña

As visitas permitirán aos espectadores ter unha imaxe do que se está a desenvolver no curso do mesmo nome, no que se fai un percorrido analítico, estilístico e temático, mostrando a evolución da plástica desde o século XIX ao XX, e coa análise dos elementos técnicos da pintura. Abarcará desde o Realismo pictórico e a repercusión dos Rexionalismos, ata a renovación artística que chega co cambio de século, buscando unha nova modernidade na arte e desembocando nunha estética renovada e contemporánea.

A actividade levarase a cabo cada sábado, e está organizada pola Asociación Amigos do Museo e coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Para grupos, necesitarase cita previa.

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)