20 de xullo - 22:00h Noitepedras

Visitas nocturnas aos petróglifos

Nun entorno único, cando o sol do verán cae, e as luces nocturnas alumean, xorde Noitepedras, unha experiencia cultural do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro que vai pola súa terceira edición. Este ano haberá un novo sistema de iluminación de lámpadas de tecnoloxía LED nos principais petróglifos da Área Arqueolóxica, ademais dun novo itinerario e temática: Mitos, maxia e relixión: Historias dxs gravadorxs de pedras.

Reservas: 886 15 11 95/reservas@paar.es
Prezo: 10 euros adultos; 8 euros nenos

Lugar de celebración

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro)