Do 5 de outubro ao 21 de decembro do 2019 - 17:00h Museo en familia

De outubro a decembro, o Museo remarca a súa vocación de espazo de actividades para todos os públicos coa segunda edición de “Museo en familia”

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Durante os meses de outubro a decembro o MDPS pon en marcha a segunda edición de Museo en Familia, un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e cativas e ao seu entorno familiar.
Nesta edición conta con novidades nos obradoiros infantís e xuvenís nos que se busca potenciar a creatividade e a imaxinación dos cativos e cativas e dos pequenos mozos e mozas. Con esta variedade de talleres poderán deixar voar a súa imaxinación e crear novas personaxes tanto no papel, cos obradoiros de cómic, como no prato, cos obradoiros de froitas e verduras.
Conxúgase unha oferta cultural na que contacontos e artistas ofrecen unha alternativa musical, literaria e didáctica para os seráns de Museo en Familia.

O programa é o seguinte. Pódese pinchar en cada un dos eventos para consultalos de xeito máis pormenorizado:

5 de outubro, 18:00 h. Espectáculo musical infantil: Magín Blanco

19 de outubro, 18:00 h. Contacontos: Os contos de Pablísimo “O Paroleiro”

26 de outubro, 12:00 h. Obradoiro infantil: Ñam!, obradoiro con froitas e verduras

26 de outubro, 19:00 h. Concerto: Coralie Yap Chine

16 de novembro, 17:00 h. Coñece o Museo en familia

16 de novembro, 18:00 h. Contacontos: Ana Ponte

23 de novembro, 12:00 h. Obradoiro infantil: Taller de cómic I​​​​​​​

23 de novembro, 19:00 h. Concerto: Mielitza

30 de novembro, 12:00 h. Obradoiro infantil: Taller de cómic II​​​​​​​

30 de novembro, 19:00 h. Concerto: Rafa Fernández “A cara bonita da pedra”​​​​​​​

14 de decembro, 17:00 h. Coñece o Museo en familia​​​​​​​

14 de decembro, 18:00 h. Espectáculo familiar: Xarope Tulú “Estrafalaria”​​​​​​​

21 de decembro, 12:00 h. Obradoiro infantil: Monicreques con refugallo

21 de decembro, 19:00 h. Concerto lírico: Rosalía Cid e Juanma Varela

 

Máis información na páxina web do Museo das Peregrinacións e de Santiago

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)