Museos de Galicia

Do 14 de outubro ao 25 de novembro do 2017 - 18:30h A moda no Museo de Belas Artes da Coruña

Visitas guiadas temáticas, centradas na análise da vestimenta nas obras de arte

Museo de Belas Artes da Coruña

rredoyra. Óleo sobre lenzo, 1926

As visitas permitirán aos espectadores ter unha imaxe clara da evolución da moda e cales son as distintas tendencias que triunfaron entre as clases máis privilexiadas. Analizaranse diversas obras nas que se poden contemplar pezas inspiradas no Mundo Antigo (destacando especialmente a obra de Isidoro Brocos e os cadros de temática relixiosa centrada no Antigo Testamento); obras de referencia craves para entender a Moda Moderna nos diferentes países creadores de tendencias, como Inglaterra, Francia e España (miniaturas, retrato de Margarita de Austria, retrato de María Luisa de Orleans, retrato de Carlos I de Inglaterra); e por último a moda Contemporánea e a súa internacionalización (Por exemplo, coa “Dama do Papagaio” de Corredoyra).

A actividade levarase a cabo cada sábado, e está organizada pola Asociación Amigos do Museo e coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

Acceso libre.

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)