Museos de Galicia

Sábado 25 e domingo 26 de marzo, de 11 a 13 h Mies é+. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE!

O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico do Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido.

O arquitecto David Antuña e Víctor González e os educadores Rebeca Mariño e Santiago Chenlo introducirán os participantes no apaixonante mundo da arquitectura contemporánea. Cada taller estará dedicado a un autor representativo das diferentes xeracións de arquitectos desde as vangardas até a actualidade e desenvolverase atendendo á filosofía de cada creador.

O xogo será fundamental durante todas as sesións. Utilizarase a didáctica do Sistema Lupo tanto no tocante ao material como aos contidos. Este sistema comprende unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais ademais do traballo en equipo a través de dinámicas de construción a grande escala.

A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se fará un achegamento á figura e ao pensamento de cada arquitecto, e posteriormente proporase unha serie de retos construtivos.

Este segundo bloque de talleres, que continuará celebrándose a última fin de semana de cada mes, abordará o rigor de Mies van der Rohe, a palabra de Rem Koolhas, o aspecto lúdico de Charles e Ray Eames, o traballo visionario de Richard Buckminster Fuller, a vocación social de Alison e Peter Smithson e o ritmo, o sentimento e o sentido comunitario de Lina Bo Bardi nas súas producións arquitectónicas.

Charles e Ray Eames. Fala creativo

25 e 26 de marzo.

Sábado 25. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos

Domingo 26. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos

Horario: 11:00-13:00 h

 

Maís información