23 de xullo - 10:00h A maxia da fotografía

Obradoiro de verán para mozas e mozos no Museo Liste de Vigo

Viaxe ao mundo máxico da fotografía, entendendo que se ben os avances tecnolóxicos son importantes, a arte non precisou deles para manifestarse. O obradoiro abranguerá dende a toma de contacto coa orixe e evolución da fotografía, á construción dunha cámara estenopeica, toma de fotografías e revelado. Amosaranse unha selección de cámaras e materiais fotográficos. Docente: Rosi Pardal Aragunde (fotógrafa).

Datas: 1ºobradoiro (martes, 23 de xullo); 2º obradoiro (martes, 30 de xullo).

Horario: de 10:00 h. a 13:30 h. (duración aproximada).

Dirixido a: rapaces e rapazas de 12 a 16 anos previa solicitude.

Inscrición: 986244698. Aberta ata completar prazas (máx. 10 participantes).

Lugar de celebración

Museo Liste Vigo (Vigo)