17 de novembro - 18:00h A máscara do artista

Actividade no outono pensada para ser levada a cabo por toda a familia sobre a obra de Luis Seoane

Museo de Belas Artes da Coruña

Como todos os anos, o Museo programa unha actividade no outono pensada para ser levada a cabo por toda a familia.

Este ano,  partindo da obra de Luís Seoane, e utilizando cartóns reciclados, os nenos aprenderán que unha simple caixa pode converterse nun lenzo perfecto para realizar un proxecto artístico.

Con esta referencia, recortarase e interpretarase a extensa obra do citado autor, creando unha colección de máscaras de gran formato., cun resultado como mínimo sorprendente.

Impartirase os sábados pola tarde e levarao a cabo Milicia Gráfica, e vai dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos, acompañados por un adulto.

Prazas limitadas, con inscrición previa. A reserva de praza pode realizarse dende a web do Museo, no enderezo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)