25 de maio - 10:45h Introdución á técnica do óleo

Achegamento á esta técnica pictórica ao través dalgunhas das obras de arte do Museo

Museo de Belas Artes da Coruña

Como todos os anos, no Museo desenvólvense obradoiros centrados nalgunha técnica artística para comprender mellor a execución das obras de arte que se contemplan. Este ano, a colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña servirá como punto de partida para introducir e desenvolver a técnica do óleo, un método de pintura que utiliza o aceite para mesturar os pigmentos, compoñente que por unha banda achega fluidez, pero tamén permite unha pintura máis dura e espesa, así como unha gran riqueza e calidade de tonalidades e cores. Grazas ao seu lento secado, pódese traballar amodo, favorecendo os efectos de degradados, fundidos e sombreados.

Nesta ocasión, o obradoiro será impartido pola artista Yolanda Dorda os sábados de maio, e o 1 e 8 de xuño, de 11:00 h a 13:00 h.

O taller, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes para achegarse á Historia da Arte, dentro das actividades de primavera programadas polo Museo para unha maior difusión das súas coleccións.

A actividade conta coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo.

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 30 € (Amigos do Museo: 25 €)

RESERVA DE PRAZA:

. Desde a páxina web

. Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)