Do 16 de novembro ao 17 de novembro do 2019 - 11:00h II Obradoiro de cestería de colmo no Museo do Castro de Viladonga

O Museo ofrece a posibilidade de achegarse á tradición artesanal da elaboración de cestos

Museo do Castro de Viladonga

Os días 16 e 17 de novembro 2019, o Museo do Castro de Viladonga organiza de novo un obradoiro de cestería de colmo.

O sábado 16 de 11:00 h a 14:00 h, e de 16:00 h a 17:00 h., dedicarase a Identificar e recoller materiais para empregar nos cestos na contorna do castro, recoller e procesar a silva.

O domingo 17 de 11:00 h a 14:00 h., e de 16:00 h a 19:00 h., aprenderase a técnica de cosido en espiral.

Para participar, os interesados deberán inscribirse previamente nos teléfonos do Museo 982 87 01 60 /  982 870 159, e terán prioridade as persoas que non teñan realizado o obradoiro na edición anterior.

Cada participante deberá traer: mandil, luvas, navalla e punzón, a poder ser de madeira. Pódese tamén traer a comida para xantar no museo

Máis información na páxina web do Museo, pinchando aquí.

Lugar de celebración

Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)