14 de decembro - 10:30h Goya: retratos e expresións

Actividade para o coñecemento das técnicas do gravado calcográfico

Museo de Belas Artes da Coruña

Coma todos os anos, no Museo organízanse obradoiros sobre as técnicas do gravado. Nesta ocasión, o obradoiro está destinado a alumnos da ESO. O obradoiro pretende constituír un complemento ideal para enriquecer a comprensión e o coñecemento dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación do estudante co museo e as súas coleccións. Deste modo, partindo da observación das célebres series do pintor aragonés, os rapaces realizarán os seus propios gravados a punta seca sobre metal e PVC.

Prazas limitadas con inscrición previa. A reserva pode realizarse dende a web do Museo, no enderezo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)