Museos de Galicia

3 de decembro - 18:30h Filocafé 2017

Conversa a partir dunha obra de arte da Colección CGAC

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Un ano máis, o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 h, desde outubro ata xuño (agás no mes de xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cafetaría. Os filocafés son conversas públicas enfocadas desde un punto de vista filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

Unha vez ao mes, retiran unha obra de arte da Colección CGAC dos almacéns para que acompañe e propicie un debate ao seu redor. A peza elixida empregarase como punto de partida para a conversa

As sesións estarán dirixidas por profesionais de diversas disciplinas como Quico Cadaval (dramaturgo, actor, monologuista), Arturo Casas (poeta e profesor de Teoría da Literatura e Literatura comparada), Beatriz Busto Miramontes (antropóloga, etnomusicóloga), Inma López Silva (escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática), Javier María López Rodríguez (musicólogo, compositor, músico e profesor), Eduard Velasco (libreiro, filólogo, tradutor e poeta) e Xosé Manuel Buxán Bran (crítico de arte, comisario e profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra).

 

 

PROGRAMA
1 de outubro. Quico Cadaval
3 de decembro. Arturo Casas
4 de febreiro. Beatriz Busto Miramontes
4 de marzo. Inmaculada López Silva  
1 de abril. Javier María López Rodríguez
6 de maio. Eduard Velasco
3 de xuño. Xosé Manuel Buxán Bran

Lugar de celebración

Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)