14 de decembro - 18:00h Espectáculo familiar: Xarope Tulú “Estrafalaria”

A piques de rematar a segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, é a quenda dun espectáculo musical.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a quenda de “Estrafalaria”, un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos, onde o público participa activamente do relato. As personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira.
Este espectáculo ten como obxectivo transmitir a idea da diversidade como valor enriquecedor e imprescindible para que a sociedade evolucione cara un mundo onde predomine a tolerancia, a solidariedade e a integración. Ficha artística:
Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano
Interpretación: Atenea García e Nicolás Zamorano
Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)