Do 18 de febreiro ao 28 de febreiro do 2020 - 10:00h Entroido: Madamas e Galáns na outra banda da ría

Percorrido polas peculiaridades do Entroido na zona da Ría de Vigo

Moitas son as celebracións que teñen como protagonistas ás madamas e galáns coa súa vistosa indumentaria: San Sebastián en Aldán, Santa María en Darbo, ... pero, estas personaxes, contan cun protagonismo indiscutible nalgún dos Entroidos tradicionais da nosa xeografía como o de Cobres en Vilaboa e o de Meira en Moaña.

A actividade constará de:

Parte teórica: introdución ao Entroido tradicional, con especial mención das festas que inclúen madamas e galáns entre as súas personaxes destacadas.

Parte práctica: obradoiro de confección dun sombreiro de Entroido.

Lugar: salas do museo

Datas: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27, 28 de febreiro.

Duración: 1 hora.

Dirixido a: grupos de Educación Infantil (5 anos), Primaria e E.S.O., previa solicitude (50 nenos/as máximo).

Custo: 1 € por participante

Lugar de celebración

Museo Liste Vigo (Vigo)