13 de decembro - 20:00h Do Viño de Galicia 2019

Ciclo divulgativo sobre a cultura do viño, organizado polo Museo do Viño de Galicia

26 de outubro: O Viño na Idade Media na actual D.O. Monterrei

No referente á DO Monterrei, terá lugar en Verín, na instalación museística do Claustro dos Mercedarios, en colaboración con esta institución e o CR da DO Monterrei, esta conferencia, impartida por José Miguel Andrade Cernadas, profesor titular de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela.

Para asistir, haberá un transporte en autobús de balde para os amigos e amigas do Museo Etnolóxico.

Con anterioridade á conferencia haberá unha visita guiada no Museo do Viño de Galicia, centrada na cultura do viño en Monterrei.

O autobús sairá ás 16:00 h da Casa da Cultura e regresará a Ribadavia ao finalizar a conferencia.

Para saber o número de persoas que se desprazaran en bus a Verín, por favor, comunicádeo, ou ben no e-mail mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal ou chamando ao teléfono 988 788 720.

8 de novembro: O Viño na Idade Media na actual D.O. Rías Baixas. As terras das Rías e as terras do Ulla

Levarase a cabo no Museo da Ciencia do Viño, en Salvaterra do Miño e estará a cargo de Francisco Javier Pérez Rodríguez, Investigador Científico pertencente ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC) e María Luz Ríos Rodríguez, Profesora Titular de Historia Medieval da USC.

Contarase coa colaboración do Concello de Salvaterra do Miño e do Museo da Ciencia do Viño

O 22 de novembro: O Viño na Idade Media na actual D.O. Ribeira Sacra

Nesta ocasión levarase a cabo no Pazo de Tor (San Xoán de Tor), en Monforte de Lemos, e a conferencia será impartida por Víctor Rodríguez Muñiz,  Doutorando da Universidade de Vigo.

Coa colaboración do CRDO Ribeira Sacra e da Rede Museística Provincial de Lugo.

29 de novembro: O Viño na Idade Media na actual D.O. Valdeorras

No Local Cultural Concello de O Barco de Valdeorras, Isidro García Tato, científico vinculado ad honorem ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC) estará a cargo da conferencia, que conta ademais coa  colaboración do Instituto de Estudios Valdeorreses, a CRDO Valdeorras e do Concello de O Barco de Valdeorras.

13 de decembro: O Viño na Idade Media na actual D.O. Ribeiro.

O peche do ciclo farase no propio Museo do Viño de Ribadavia, sobre a DO na que está situado. A conferencia será a cargo de María Luz Ríos Rodríguez, Profesora Titular de Historia Medieval da USC.

Cóntase coa colaboración da CRDO Ribeiro.

En todos os casos, para saber máis, ou ben no e-mail mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal ou chamando ao teléfono 988 788 720.

Lugar de celebración

Museo do Viño de Galicia (Ribadavia)

Galería

  • O museo do Viño de Galicia promove unha serie de conferencias relacionadas co viño en cada Denominación de Orixe

    O museo do Viño de Galicia promove unha serie de conferencias relacionadas co viño en cada Denominación de Orixe