19 de outubro - 18:00h Contacontos: Os contos de Pablísimo “O Paroleiro”

O Museo das Peregrinacións e de Santiago continúa coa segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, cunha sesión de contacontos

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención ao público infantil e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a quenda de “Pablísimo” e o seu Paroleiro. "O Paroleiro é moi amigo de parolar… gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leva na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos".

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)