22 de decembro - 18:00h Contacontos

Novas actividades no Museo para realizar coa familia dentro do programa xeral “Museo en familia” para os sábados de outubro, novembro e decembro

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar.
Con A Trastenda dos Contos e Caxoto Contacontos preténdese trasladar a mente aos mundos recreados polo enxeño destes oradores co ciclo “Ultreia! Contos do Camiño” e cunha serie de relatos de medo que seica deixan durmir e outros cos que incluso se pode bailar.

Felipe Díaz (Caxoto) está detrás do mostrador da Trastenda dos Contos, un proxecto nado en 2012 para que a narración oral converxa con outras disciplinas artísticas, actividades lúdicas, artes escénicas, contidos educativos, a formación en valores ou o enfoque social.

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)