21 de decembro - 19:00h Concerto lírico: Rosalía Cid e Juanma Varela

O Museo das Peregrinacións e de Santiago remata a segunda edición de Museo en familia cun concerto lírico.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a oportunidade para presenciar un concerto lírico.
A soprano Rosalía Cid e Juanma Varela ao piano serán o peche de ouro para a segunda edición de Museo en Familia. Maiores, pequenos e pequenas poderán gozar do prodixio vocal da nova soprano compostelá e do consagrado pianista Juan Manuel Varela Louro, ofrecendo un serán lírico ás portas do Nadal.

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)