26 de outubro - 19:00h Concerto: Coralie Yap Chine

O Museo das Peregrinacións e de Santiago continúa coa segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, neste caso cun concerto.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención ao público infantil e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a oportunidade de desfrutar dun concerto.
Coralie Yap-Chine (vocalista, Francia), presenta o proxecto #LaBanlieue en formato quatuor. Unha lembranza literario-musical sobre a súa xuventude nos barrios populares das aforas de París nos anos 80.
Integrantes:
Coralie Yap-Chine (voz, Francia)
Mauricio Caruso (guitarra, Brazil)
Vadim Yukhnevich (acordeón, Bielorusia)
Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo, Galicia)

Lugar de celebración

Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago de Compostela)