Museos de Galicia

Do 4 de abril ao 30 de decembro do 2017 - 10:00h Actividades didácticas no Museo Liste de Vigo

Este museo etnográfico ofrece no segundo semestre do ano a posibilidade de solicitar actividades complementarias tanto para nenos como para adultos

O Museo Liste de Vigo ven de facer pública a súa programación para o segundo semestre do ano, que ademais das visitas guiadas, ofrece actividades tanto para escolares como para o público en xeral.

Por unha banda, as actividades didácticas para os máis novos pretenden o achegamento dos rapaces e rapazas ao mundo do noso legado cultural e a nosa identidade. As actividades que se poden concertar previamente son ofrecidas aos diferentes niveis educativos de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria, e son as seguintes:

O home e a madeira

Trátase dun complemento específico dentro da visita ao Museo deténdose nos tipos de madeiras, con monitores e o soporte didáctico de paneis para a identificacións das madeiras.

Lugar: Sala de “A madeira escavada”.

Datas: durante todo o ano.

Dirixido a: grupos de nenos/as de Infantil, Primaria e Secundaria.

Encaixando anacos

Xogo de descubrimento ao longo do percorrido, con quebracabezas que haberá que compoñer.

Datas: durante todo o ano.

Dirixida a: grupos de nenos e nenas de Educación Infantil previa solicitude.

 

Por outra banda, hai actividades para calquera grupo de idade, que se enmarcan dentro do nome xeral de “talleres de coñecemento”, e tamén poden concertarse durante todo o ano previa solicitude. Son os seguintes:

Instrumentos humildes

Ofrécese ampliar o coñecemento dos múltiples recursos susceptibles de orixinar sons musicais. O soporte didáctico é a través destes singulares obxectos e coa monitora Erica Iglesias Neira.

Lugar: salas do Museo ou xardín circundante.

Datas: todo o ano previa solicitude. Grupos de 50 persoas máximo. Duración: 1 hora. Dirixido a todas as idades. Prezo do taller: 40 euros/grupo.

Como mediamos

Medidas de lonxitude; de capacidade; de masa; de superficie, prestando especial atención ás medidas tradicionais, incidindo nas moitas variacións locais. Cóntase coa colaboración especial de pezas do Museo Liste de Oseira (Ourense), do “Mercado de la Tía Ni” (Sabarís-Pontevedra) e de particulares.

Lugar: Museo Liste.

Datas: durante todo o ano previa solicitude. Duración: 1 hora. Dirixido a: grupos de todas as idades. Prezo: 1 euro por persoa

Lugar de celebración

Museo Liste Vigo (Vigo)