Museos de Galicia

Museo Etnográfico da Capela

O museo

A Asociación “Patronato do Museo Etnográfico da Capela" está impulsada polo Concello da Capela e o C.E.I.P  “Mosteiro de Caaveiro”, que achegou unha interesante colección etnográfica froito dunha experiencia sociopedagóxica iniciada no ano 1981 coas contribucións dos alumnos, profesores e veciños do centro, cun carácter eminentemente didáctico e coa intención de dar a coñecer e recuperar do esquecemento elementos da cultura tradicional galega.

No ano 2003 trasladouse á antiga Casa Reitoral da parroquia de Santiago da Capela ou “Casa do Pazo”, sede central do museo. É unha aula viva onde se presenta a casa como unha unidade básica da sociedade rural; un percorrido polas súas dependencias (a cociña, o cuarto, a sala dos tecidos, a labranza, a ferrería, a eira, e outros oficios artesanais) permítenlle ao visitante achegarse ás formas de vida e de traballo das xentes da zona; xeitos que están a piques de esquecerse por completo pola evolución dos tempos.    

Pronto se inaugurará  a  “Escola de Guitriz”,  na que se mostrará como era unha escola rural a mediados do século e a evolución da educación na Capela, con material recollido das antigas escolas unitarias do concello. 

Galería

  • A sala de costura

    A sala de costura

  • A sala dos tecidos

    A sala dos tecidos

  • O cuarto

    O cuarto