Pasar al contenido principal

Outono Fotográfico 2013 no Etnolóxico: "Retratos de xente que mira pasar", de Xabier Fernández

Outono Fotográfico 2013 no Etnolóxico: "Retratos de xente que mira pasar", de Xabier Fernández Igrexa da Madalena. Martes a venres de 18 a 20 h e sábados e domingos de 12 a 14 h

Fotografías, vídeo e outros materiais nunha instalación na que Xabier Fernández invita a reflexionar sobre o feito de que os restos do que nos nutre e que serviu para conmemorar a festa, o animal que foi criado e sacrificado na casa familiar para a celebración, permítennos co paso do tempo enfrontarnos agora ao cotián; a imaxe que, como unha vanitas, fainos lembrar o noso decaemento e ser perecedoiro. Esta é a proposta: no andar diante das obras atopármonos con nós, o espectador que lle dá sentido e completa, de maneira necesaria, a obra, coa súa aparición nela, dentro dela, reflectido, tal vez tomando conciencia inevitable do paso do tempo (sempre tan fugaz).