Skip to main content

Comeza a campaña de acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga 2015

Inicio dos traballos

O 7 de maio comezou a campaña de acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga 2015, baixo a dirección do arqueólogo Emilio Ramil Gónzalez e que desenvolverá a empresa BIC materiales y conservación S.L. a cargo das restauradoras Puri Rosales, Marta Díaz, Teresa Martínez e o auxiliar de arqueoloxía e restauración Martxas. Esta intervención, coma todas as que se realizan no castro, será coordinada polo Museo do Castro de Viladonga.

Os traballos desenvolveranse ata o mes de setembro, e levarán a cabo actuacións de restauración e consolidación de varias estruturas da croa do castro. Previamente se realizarán escavacións puntuais ademáis dunha limpeza vexetal que acondicionará o castro para a próxima celebración do Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos.

Máis información no blog do Castro de Viladonga.