Skip to main content

A torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal

A torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal Exposición temporal de debuxos arqueolóxicos de Héitor Picallo.

Cartel da exposición

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal propón esta exposición temporal de debuxos do artista e investigador Héitor Picallo (Cuntis, 1974).

Este conxunto de 40 láminas executadas en augatinta foi un traballo destinado a ilustrar o ensaio histórico firmado por Antonio González Millán, director desta casa-museo, que foi publicado no ano 2016.

A torre de Bermúdez é un palacete de mediados do século XVI, declarado monumento histórico-artístico en 1976. Aos valores que concorren na súa excepcional e elegante fábrica únense os de ser un enclave de fonda significación valleinclaniana, vinculado á súa familia e unha das súas residencias máis queridas.

O estudo tiña como obxectivo dar a coñecer as orixes e evolución da súa sede, pero tamén protexer a súa memoria a través da documentación visual dos seus elementos arquitectónicos e decorativos.