Skip to main content

Do 21 de xuño ao 24 de setembro de 2017 Shikoku Henro Pilgrimage

Imaxe do cartel

Na illa de Shikoku existe unha importante peregrinación ligada a un camiño vinculado á memoria dunha das figuras relixiosas máis importantes de Oriente: o monxe Kukai, máis coñecido como Kobo-Daishi, gran mestre budista que predicou e difundiu no século IX o budismo esotérico en Xapón, importado de China polo propio monxe.

Esta peregrinación é unha viaxe por unha ruta espectacular, ao longo de mil catrocentos kilómetros trazados nas catro prefecturas de Shikoku: Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa.

A primeira guía do Camiño Shikoku foi publicada a finais do século XVII por un asceta de Osaka chamado Shinnen. Un libro que proba que a peregrinación por estas ruta tomou forma daquela, tal como hoxe a coñecemos.

A mostra componse dunha colección de documentos, libros históricos e guías do camiño de Shikoku dos séculos XVII-XVIII, unha imaxe de Kukai en madeira, varias esculturas, pinturas sobre papel, unhas 40 fotografías, 2 videos, diversos textos didácticos. Destaca unha instalación realizada con terra dos 88 templos do Shikoku Henro que evocará o propio camiño de peregrinación, na que un grupo de monxes xaponeses do budismo shingon, realizará unha peregrinación simbólica, invitando aos visitantes á exposición a percorrer a devandita ruta sagrada.

Espazo: Sala polivalente da planta soto

Organiza:

  • Consello para a Inscripción do Camiño de Shikoku Henro como ben Patrimonio da Humanidade
  • Prefectura de Tokushima, Prefectura de Kochi, Prefectura de Ehime, Prefectura de Kagawa

Co-organiza:

  • ONG Peregrinación e Hospitalidade no Camiño de Shikoku

Colaboran:

  • Asociación "Peregrinación dos 88 Templos do Camiño de Shikoku"
  • Organización para a Promoción do Turismo en Shikoku
  • Shikoku Henro Consello de Patrimonio Histórico de Xapón
  • Xacobeo Turismo de Galicia
  • Museo das Peregrinacións e de Santiago

Co apoio da Embaixada de Xapón en España.