Skip to main content

Aberta todo o ano Seguindo o fío, a tradición téxtil en Galicia

Un percorrido polo aproveitamento artesanal do liño e a actividade téxtil no rural galego.

Esta mostra sitúase nas salas 3 e 4 do Museo, e ten dúas partes: na primeira faise un percorrido polo cultivo do liño en Galicia e polos aproveitamentos que no medio rural se facían da febra de liño e da la; na segunda parte relaciónanse as destrezas adquiridas polas mulleres galegas e o seu aproveitamento como costureiras nos anos da fame e nos talleres que, anos despois, traballarán para as grandes firmas industriais que emerxerán en Galicia despois dos anos 80 do pasado século e ata hai poucos anos.