Museos de Galicia

Do 14 de marzo ao 28 de maio do 2017 Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Esta exposición pretende dar unha visión dos actores principais que impulsaron a práctica da arqueoloxía desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX na provincia de Ourense.

Destacan as figuras de talla de Marcelo Macías, Arturo Vázquez Nuñez, Manuel Díez Sanjurjo, Florentino López Cuevillas, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Ferro Couselo, Xesús Taboada Chivite, Conde Valvis, Rubén García Álvarez, Manuel Chamoso Lamas, Laureano Prieto, entre outros.

A exposición consta de fotografías destes persoeiros e de pezas arqueolóxicas directamente relacionadas coa súa actividade como o Guerreiro de Armeá, o Sedente de Xinzo, xoias de Regodeigón, a Tabula de Castromao, o Mosaico da Cigarrosa, etc.

Corresponsable de esta mostra, o Museo Arqueolóxico de Ourense e a súa historia como institución está intimamente ligada coa investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo dos anos na provincia de Ourense da que se da fe nesta exposición.

Responsables desta simbiose, entre outros, foron os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, que co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o Museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.

Galería

  • Imaxe da exposición

    Traballadores na escavación de Cameixa (Boborás). Xoaquín Lorenzo Fernández. 1944–46. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

  • Xoaquín Lorenzo estudando un ara romana. Xoaquín Lorenzo Fernández. ca. 1963. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense