Skip to main content

Do 15 de maio ao 15 de setembro de 2017 A moeda romana como documento A colección numismática do Museo do Castro de Viladonga

Semisses

Con abundante información escrita e gráfica, explícase en seis paneis a orixe da moeda, o seu proceso de fabricación e as distintas partes que a compoñen. Móstranse tamén os diferentes tipos de moedas e as etapas históricas representadas na colección numismática do museo, desde o século I a.C. ata fins do IV d.C., abundando sobre todo as cuñaxes da época máis tardía do Imperio romano.

A exposición complétase cun gran panel ilustrativo do encadre cronolóxico da devandita colección de moedas deste castro.