Desde marzo de 2014 A moeda romana como documento

A colección numismática do Museo do Castro de Viladonga

Museo do Castro de Viladonga

A exposición consta de seis paneis nos que se explica con imaxes e textos a orixe da moeda, o seu proceso de fabricación e os elementos que a compoñen. A colección de moedas do Museo do Castro de Viladonga é analizada nesta mostra: resúmense os tipos de moedas e etapas históricas representadas, que van do século I a.C. ata finais do IV d.C. Un gran panel ilutra a cronoloxía completa desta colección numismática.

Neste enlace pode descargar o folleto promocional da exposición