Skip to main content

Galaicos. Un pobo entre dous mundos Museo Provincial de Pontevedra

A exposición pretende amosar como o NO da Península Ibérica se converteu a finais da Idade do Bronce nun territorio de confluencia cultural entre o mundo atlántico e o mediterráneo.

A través dun selecto elenco de obxectos arqueolóxicos procedentes de diferentes museos de Galicia e Asturias, ilustracións de gran calidade e impactantes fotografías, as persoas que visitan a mostra gozarán dun percorrido pola evolución que se produce en Galicia durante un longo período de 2.000 anos, desde os momentos finais da Prehistoria ata a antigüidade tardía.

A mostra, organizada pola Deputación de Pontevedra, poderá verse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra desde este 4 de outubro ás 19.00 horas, cando abre, ata o 2 de febreiro de 2020.

Horario de visita

De martes a sábados: de 10:00 a 21:00 h
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 h
Luns pechado
24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro pechado

Ligazóns